En portadaSanidadeÚltima hora

Os casos activos de Covid soben a 73 na provincia de Ourense, 19 máis que onte

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta xornada de venres 14 de agosto a provincia de Ourense rexistra un total de 19 novos positivos de Covid-19 con respecto á onte, o que supón un total de 73 casos activos de coronavirus, segundo a última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

No conxunto de Galicia o número de casos activos de coronavirus é de 1.053, deles 618 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 52 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 42 da de Santiago, e 35 da de Ferrol, xunto cos 73 xa mencionados da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 274.812.

Artigos relacionados

Back to top button
Close