SanidadeÚltima hora

Os casos de coronavirus en Galicia soben a 3.476, 479 na área de Ourense

Polo de agora, na comunidade rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, segundo a última actualización feita pública dende a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Dese conxunto de casos, 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos. Os ultimos falecementos corresponden a unha muller de 86 anos, e dous varóns de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

O número de PCR realizadas é de 16.118.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close