DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os cativos do Barco desfrutan no circuíto do Salgueiral

A proba ciclista para categorías infantís celebrouse na mañá do domingo 19 de xuño

Nun principio estaba previsto para o sábado 18 de xuño, como en edicións anteriores, pola tarde, pero dende a Concellería de Deportes e Xuventude do Barco de Valdeorras (organizadores do evento) decidían cambiar a data e finalmente, o 7º Circuíto de Ciclismo O Salgueiral celebrábase na mañá do domingo 19 de xuño.

Ese día, os cativos acompañados polos pais e equipados coa bicicleta de montaña, o casco e demais protectores, completaban (por categorías) o percorrido pola área recreativa barquense.

O concelleiro de Deportes e Xuventude do Barco, Aurentino Alonso, foi o encargado de entregar as placas aos gañadores de cada categoría, con agasallos para todos os participantes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button