OurenseÚltima hora

Os cativos do campamento urbano de Amencer celebran o “Día do Parlamento” na Deputación

Máis dun cento de rapaces participaron na actividade celebrada no Pazo Provincial
Pleno xuvenil de Amencer na Deputación de Ourense.

Máis de cen rapaces, de 11 e 12 anos, do campamento urbano de Amencer celebraron o seu “Día do Parlamento” protagonizando un pleno xuvenil no Pazo Provincial. O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a deputada provincial de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, recibiron aos rapaces no Salón de Plenos.

No acto, Rosendo Fernández destacou a importancia de levar a cabo este tipo de eventos que “achegan a Institución aos máis novos” explicándolles o seu funcionamento e respondendo ás cuestións dos rapaces acerca dos servizos que presta a Deputación de Ourense aos cidadáns e aos concellos da provincia nas diferentes áreas, o labor que realizan os deputados provinciais e as iniciativas que desenvolve o goberno provincial dirixidas aos máis cativos da provincia.

Posteriormente, os rapaces protagonizaron unha sesión plenaria na que debateron propostas para o programa de actividades das vindeiras edicións do campamento urbano de Amencer.

Artigos relacionados

Back to top button