CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os cativos de Petín aprenden repostería no primeiro obradoiro deste Nadal

O mércores, 30 de decembro, desenvolverase o segundo obradoiro para despedir o ano

 

Na mañá deste luns 28 de decembro arrancaba o Nadal en Petín, centrado este ano nos máis pequenos, cunha serie de obradoiros que se celebrarán na Casa da Cultura da man de Pinchacarneira Ocio e Animación.

Unha vintena de cativos, distribuídos en tres grupos (cada un coa súa propia monitora segundo o protocolo anticovid) asistían esta mañá ao primeiro “Cociña de Nadal” no que fixeron uns deliciosos doces. Guiados pola “cocinilllas” Natalia, os pequenos foron introducindo os ingredientes para elaborar un brownie, varios tipos de galletas e tamén gofres, todo sen proteínas de vaca. “Hai un cativo que lle ten intolerancia por iso demostramos que se poden facer cousas moi ricas sen mantequilla e sen leite”, explica Natalia, engadindo que no seu lugar utilizaron margarina vexetal e bebida de avena, ademais de ovos e fariña, entre outros ingredientes. Todo, rico rico!!

Así, dende as 11 e ata as 13:30h. os pequenos divertíronse ao tempo que aprenderon e comeron. De feito nada máis chegar ao obradoiro, a monitora Susana preguntaba aos cativos “¿que che gosta máis cociñar ou comer?”.

A seguinte cita deste Nadal infantil organizado polo Concello de Petín será o mércores 30 de decembro á mesma hora (de 11 a 13:30h.) e no mesmo lugar (Casa da Cultura) para despedir o ano cunha “Batucada Navideña”. Os outros dous obradoiros, xa en xaneiro do novo ano.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button