OurenseÚltima hora

Os cativos de Ribadavia poderán desfrutar mañá, 23 de xuño, da contacontos “A Corva”

Ademais, ás 23:00h terá lugar a estrea da película "María Solinha", de Ignacio Vilar

O alameda de Ribadavia acollerá mañá, 23 de xuño, a actividade para os máis pequenos “A Corva”, unha contacontos que dará comezo ás 20:00h. Así, é necesario que todos os asistentes leven unha folla de papel de periódico.

 

 

Ademais, ás 23:00h. estrearase o filme “María Solinha”, dirixido por Ignacio Vilar. Terá lugar no auditorio Rubén García do castelo e o director estará acompañado por membros do reparto.

 

 

Estas dúas actividades, o contacontos e o cine ao aire libre, son de balde pero teñen aforo limitado, polo que as persoas que queiran asistir terán que retirar as súas invitacións na casa da cultura de Ribadavia, ata o propio día 23, en horario de 9:00 a 14:30, ata completar aforo.

Artigos relacionados

Back to top button