DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os cativos do C.D. Rúa visitan o Estadio de Balaídos

Coñecían o museo e asistían ao partido Celta de Vigo-Levante

No ano no que o club cumpre 50 anos, os pequenos do C.D. Rúa tiveron a oportunidade de visitar o Estadio de Balaídos en Vigo. Co obxectivo de dar a coñecer o club vigués, o R.C. Celta de Vigo abría hai xa uns anos o club á cidadanía, dando a oportunidade aos equipos dos diferentes concellos de Galicia, de coñecer as súas instalacións e o seu proxecto.

Dende o Concello da Rúa xa solicitaran a visita o ano pasado pero non era ata hoxe, 16 de febreiro, cando por fin viaxaban ata a cidade olívica, na xornada 24 de 1ª división para asistir ao encontro matinal entre o Celta e o Levante. O equipo local perdía (1-4) e non puderon ver xogar ao seu ídolo Iago Aspas (lesionado), pero os rapaces do Rúa desfrutaron dunha estupenda xornada de fútbol.

A delegación ruesa que viaxou a Vigo estaba formada polos rapaces dos equipos benxamín A e B, alevín e infantil, acompañados polos seus adestradores e tamén o alcalde da Rúa Luis Fernández e o concelleiro de Deportes Avelino Fernández. Foron recibidos polo presidente do Celta, Carlos Mouriño a quen entregaban unha placa do Concello da Rúa así como unha bufanda co 50 aniversario do C.D. Rúa como recordo da súa visita. Tamén visitaban o museo de Balaídos e asistían a pé de campo, á sesión de quecemento do equipo vigués, antes de desfrutar do partido. Sen dúbida unha bonita experiencia para estos pequenos amantes e practicantes do fútbol.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button