ConcellosO BarcoÚltima hora

Os centros de ensino valdeorreses rexistran 13 positivos de Covid, 1 máis que onte

 

Leve repunte nos positivos de Covid rexistrados nos centros educativos de Valdeorras que suma un total de 13, é dicir, un máis que onte. Así, segundo a información que facilita a Xunta de Galicia, o CEIP Julio Gurriarán, que ata agora estaba libre de virus, rexistra un positivo dunha persoa que levaba xa en corentena máis dunha semana e, por tanto, sen acudir ao centro.

Os demais datos dos centros barquenses continúan sendo os mesmos: a Escola Infantil Los Juglares ten 3 positivos, o IES Lauro Olmo do Barco ten 1, o IES Martaguisela 2, o Colexio Divina Pastora 1 e o CEIP Otero Pedrayo de Viloira 2.

Tamén se manteñen as cifras no IES Cosme López da Rúa segue cun positivo e no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín con outro. Ademais continúa con 1 caso o CEIP do Bolo.

Finalmente, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo mantén 2 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button