CulturaCulturaEducación

Os centros de FP de Hostalaría participarán nun programa de encontros con blogueiros e medios de comunicación

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentou o programa aos directores dos 8 colexios
O conselleiro de Cultura xunto aos directores dos centros de FP.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos directores dos oito centros que compoñen a Rede Galega de FP de Hostalaría (CIFPs Paseo das Pontes na Coruña, Compostela en Santiago, Carlos Oroza en Pontevedra e Manuel Antonio en Vigo; e IES Fraga do Eume en Pontedeume, Foz, Sanxillao en Lugo e Vilamarín) para presentarlles o programa “Formados e Profesionais. FP de Hostalaría”, co que o seu departamento busca visibilizar o traballo que alumnado e profesorado desenvolven arredor destas ensinanzas.

A iniciativa desenvolverase nestes oito centros mediante encontros aos que serán convidados xornalistas, tanto especializados como de medios de comunicación convencionais, e blogueiros. O obxectivo é “aproveitar as oportunidades da internet e da prensa para dar a coñecer o traballo que se desenvolve nestes centros, coa mirada posta nunha experiencia previa de éxito, o Bloguer Day realizado co gallo da exposición Con-Fío en Galicia. Naquela ocasión, o encontro de máis de 100 blogueiros do sector xerou uns 600 posts e máis de 1,2 millóns de impresións no marco da exposición da moda e téxtil galegos”.

 

Un momento da presentación do programa.

O programa desenvolverase de forma secuencial ata fin de curso, cun encontro en cada centro. Neles, ofrecerase un almorzo, un aperitivo e unha comida elaborada polo alumnado do centro, farase un percorrido guiado e realizarase un coloquio entre todos os participantes na sesión. Ademais, haberá un show cooking a cargo dun chef, que podería ser incluso exalumno do propio centro no que se desenvolva.

Artigos relacionados

Back to top button