ConcellosO BarcoÚltima hora

Os centros educativos de Valdeorras rexistran 9 casos activos de Covid

 

O listado de casos activos de Covid en centros escolares que vén de emitir este martes 13 de abril a Xunta de Galicia inclúe un total de 9 positivos nos de Valdeorras, o que supón 1 máis con respecto ao día 10 de abril. Así o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) que o sábado 10 de abril rexistraba 1 positivo, pasa agora a 2.

No caso dos centros educativos do Barco non se producen cambios con respecto aos datos emitidos pola Xunta o pasado sábado: 1 positivo no IES Lauro Olmo, 1 positivo no CEIP Julio Gurriarán e 5 positivos no CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button