A RúaCarballedaConcellosO BarcoÚltima hora

Os centros educativos de Valdeorras suman 10 positivos por Covid

 

O listado de casos activos de Covid en centros educativos que vén de emitir este mércores 14 de abril a Xunta de Galicia inclúe un total de 10 positivos no caso dos de Valdeorras, o que supón 1 máis con respecto a onte. Así, incorpórase ao listado o CEIP Manuel Respino da Rúa con 1 caso activo.

Nos centros educativos do Barco non se producen cambios con respecto aos datos emitidos onte pola Xunta: 1 positivo no IES Lauro Olmo, 1 positivo no CEIP Julio Gurriarán e 5 positivos no CEIP Condesa de Fenosa.

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) continúa con 2 positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button