ConcellosÚltima hora

Os centros educativos de Valdeorras suman 9 positivos de Covid e os da comarca de Quiroga 13

 

Os centros educativos da comarca de Valdeorras suman 9 positivos de Covid, segundo os datos do listado emitido pola Xunta neste 26 de xaneiro son un total de 9. É a mesma cifra que o pasado 23 de xaneiro (cando se fixo a última notificación da pasada semana), pero hai variacións segundo os centros.

Así no caso do Barco entra no listado o IES Martaguisela con 1 positivo e desaparece o CEIP Julio Gurriarán. Ademais o CEIP Condesa Fenosa segue con 1 positivo, o Colexio Divina Pastora con 1 positivo e o IES Lauro Olmo rexistra 3 positivos.

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo, o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín continúa cun 1 positivo e o IES Cosme López da Rúa con 1 positivo.

Por outra banda, o IES Carlos Casares de Viana segue con 1 positivo. No caso de Trives a gardería continúa con outro positivo (unha traballadora) e co centro pechado e entra no listado o IES Xermán Ancochea con 1 positivo.

No conxunto da provincia de Ourense o listado recolle un total de 362 positivos, 10 centros educativos pechados e 3 aulas pechadas.

13 positivos nos centros da comarca de Quiroga

No caso da veciña comarca de Quiroga, tamén soben os casos. O IES Quiroga hai 3 positivos e o CEIP de Quiroga 8 positivos (5 máis que o pasado sábado), ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil segue con 2 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button