A RúaConcellosO BarcoViana do BoloVilamartín

Os centros educativos de Valdeorras teñen 4 positivos de Covid e os de Viana 1

 

Lixeiro aumento nas cifras do Covid nos centros educativos de Valdeorras e tamén nos da veciña comarca de Quiroga. Así, segundo o listado emitido esta mañá pola Xunta de Galicia, no caso do Barco rexístrase 1 positivo no IES Martaguisela e 1 positivo no CEIP Julio Gurriarán, centro que nos datos facilitados o pasado sábado non figuraba no listado.

Ademais segue con 1 positivo o Colexio Pablo VI da Rúa e con 1 positivo o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín 1 positivo. Deste xeito son 4 os positivos en centros de ensino de Valdeorras. Ademais aparece con 1 positivo o IES Carlos Casares de Viana.

En total nos centros da provincia hai un total de 152 casos de coronavirus e 1 aula pechada. Boa parte dos positivos concéntranse na cidade de Ourense.

Ademais, no caso da veciña comarca de Quiroga tamén se rexistra un incremento. O IES Quiroga ten 2 positivos (1 máis que o pasado sábado) e entra no listado o CEIP San Clodio de Ribas de Sil con 1 positivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button