ConcellosÚltima horaVerín

Os centros educativos de Verín piden ás familias “extremar o máximo as precaucións” ante a situación sanitaria

 

Os centros educativos de Verín veñen de emitir un comunicado conxunto ante a situación sanitaria derivada do Covid-19 que presenta este municipio. Nel lembran que “na pasada fin de semana acadouse un máximo histórico de contaxios na nosa comarca. A incidencia da curva de contaxios vese reflectida nos centros educativos cun incremento de ausencias debidas a situacións de corentena e todo parece indicar que as vindeiras semanas poden ser moi significativas”. Ante isto, as direccións dos centros educativos verineses fan “un chamamento de máxima responsabilidade a tódalas familias de xeito que se extremen ao máximo tódalas precaucións”.

Tamén recordan que durante o primeiro trimestre do curso escolar, ” o esforzo feito por toda a comunidade educativa obtivo a súa recompensa” e puidéronse manter as clases presenciais. “A educación presencial nos centros permite desenvolver o labor docente, non só para abordar contidos da maneira máis eficaz, senón tamén para traballar nos eidos emocional e social tan necesarios nestes tempos. Garantir a educación presencial é fundamental para as familias, por un lado, porque tódalas nais e pais queredes o mellor para os vosos fillos/as, pero por outro lado, facilita a conciliación familiar e posibilita que a asistencia aos postos de traballo se faga con normalidade”.

Os centros de ensino de Verín agradecen a toda a comunidade educativa a súa “implicación e o seu esforzo aportados ata agora” e insisten na importancia de “ir na mesma dirección e non baixar a garda. Debemos insistir en que ninguén pode acudir a un centro educativo con síntomas asociados ao Covid-19. E, por suposto, non está demais advertir que os casos con sintomatooxía asintómatica detectada ou de corentenas preventivas, xamais deben acudir ao centro educativo ata que teñan a alta médica. Eses supostos estarían incumprindo as normas sanitarias e a prevención da transmisións do Covid-19, incorrerían non delito de lesiónss por imprudencia ou neglixencia graves”.

Os seis centros asinantes do comunicado queren “ter centros deguros, é responsabilidade de todas e de todos, das familias dende os fogares ata as direccións dende os centros educativos. Estamos convencidos de que as nosas comunidades educativas seguirán a dar un bo exemplo a toda a sociedade”.

Artigos relacionados

Back to top button