En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os centros educativos do Barco e o CCA visten os escaparates de prendas tradicionais galegas

Do 16 ao 31 de maio desenvolverán a campaña “Na procura de Antón Fraguas” para conmemorar as Letras Galegas

Novamente O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e os colexios e institutos deste municipio únense para celebrar o Día das Letras Galegas, nesta ocasión adicado á figura do etnógrafo, mestre, historiador e xeógrafo pontevedrés Antonio Fraguas.

Así do 16 ao 31 de maio desenvolverán a campaña “Na procura de Antón Fraguas”, que pon o foco no labor etnográfico deste autor e, máis en concreto, na vestimenta tradicional galega. Nela participarán 36 establecementos, que do 16 ao 31 de maio colocarán nos seus escaparates un taboleiro cunha camiseta branca con deseños realizados polos alumnos que farán referencia tanto a prendas do vestiario tradicional galego, como a outras que non o son.

A modo de xincana, os participantes neste circuíto terán que percorrer cada un deses escaparates cun folleto no que, en cada caso, deberán poñer se as prendas debuxadas nas camisetas son ou non son tradicionais. Este folleto deberá ser ademais selado por cada establecemento. Tras completar o percorrido, deixarán o papel cuberto nunha urna na oficina do CCA. Entre os participantes farase un sorteo de vales de compra.

 

 

A presentación desta campaña tiña lugar na tarde do 14 de maio na oficina do CCA coa asistencia da vicepresidenta da entidade, Ángeles Rodríguez, e dos coordinadores de Dinamización Lingüística dos colexios e institutos participantes, que agradecían a colaboración da entidade empresarial nesta iniciativa.

Ademais, estes centros educativos (IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo e Colexio Divina Pastora) decorarán o Paseo do Malecón do Barco cun tendal xigante, que poderá verse a partires do 16 de maio. “Imos usar a rúa e os escaparates do CCA para lucir os traballos do noso alumnado”, aseguraban os coordinadores de Dinamización Lingüística. No caso do Malecón exporanse camisetas alusivas a prendas tradicionais do traxe galego, tamén obra do alumnado.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close