ConcellosO BarcoÚltima hora

Os centros educativos do Barco suman 6 positivos por Covid

 

Increméntanse as cifras de positivos nos centros educativos do Barco. Nunha semana este municipio pasou de tres positivos (positivo no IES Martaguisela, 1 no IES Lauro Olmo e 1 no CEIP Julio Gurriarán o 15 de xaneiro) a un total de 6, segundo os datos comunicados pola Xunta de Galicia neste 22 de xaneiro.

Así entran no listado de casos o CEIP Condesa Fenosa con 1 positivo e o Colexio Divina Pastora con 1 positivo, mentres que o IES Lauro Olmo pasa a 3 positivos e o CEIP Julio Gurriarán continúa con 1 positivo. Neste último caso dende o centro matizaban que se “trata dunha mestra substituta que deixou o colexio o 22 de decembro. Contaxiouse no período de Nadal polo que xa non formaba parte deste colexio que actualmente non ten ningún positivo”. Ademais, do listado desaparecía xa o 21 de xaneiro o IES Martaguisela, que arestora está libre de virus.

Tamén desaparecía do listado esta semana o Colexio Pablo VI da Rúa, libre de virus agora, mentres que o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín ten 1 positivo.

Por outra banda, o IES Carlos Casares de Viana segue con 1 positivo e a gardería de Trives con outro positivo (unha traballadora) e co centro pechado.

4 positivos nos centros da comarca de Quiroga

No caso da veciña comarca de Quiroga, tamén soben os casos. O IES Quiroga rexistra 2 positivos e 1 o CEIP de Quiroga, ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil mantén 1 positivo.

Artigos relacionados

Back to top button