SanidadeÚltima hora

Os centros educativos triveses suman 8 positivos de Covid e os de Valdeorras 19

 

Segunda xornada consecutiva de incremento de casos de coronavirus nos centros educativos de Trives. Así o CEIP Manuel Bermúdez Couso rexistra 6 positivos, 2 máis que onte, mentres a gardería segue con 1 positivo e o IES Xermán Ancochea con 1 positivo, segundo se recolle no listado emitido pola Xunta de Galicia.

No caso do Barco, o CEIP Condesa Fenosa continúa con 1 positivo, o CEIP Julio Gurriarán con 1 positivo e 1 aula pechada, o Colexio Divina Pastora con 5 positivos (1 máis que onte), o IES Lauro Olmo con 2 positivos, e o o IES Martaguisela con baixa a 4 positivos (1 menos que onte). Isto supón un total de 13 casos nos centros barquenses.

Na Rúa mantéñense os mesmos datos de onte: o CEIP Manuel Respino ten 1 positivo e unha aula pechada, o IES Cosme López continúa con 2 positivos e o Colexio Pablo VI-Fátima con 2 positivos.

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo.

No conxunto da provincia de Ourense o listado da Xunta recolle un total de 352 positivos, 12 aulas pechadas e 1 centro pechado.

Artigos relacionados

Back to top button