ConcellosO BarcoÚltima hora

Os centros educativos valdeorreses rexistran 8 positivos por Covid

 

Soben as cifras de positivos de Covid-19 nos centros educativos de Valdeorras. Fronte aos 3 casos que se rexistraban onte (1 no CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, 1 no CEIP Condesa Fenosa e 1 no CEIP Julio Gurriarán), no listado da Xunta de Galicia deste sábado 10 de abril figuran 8 positivos.

Así, o CPI Tomás Terrón Mendaña continúa con 1 positivo; mentres no CEIP Condesa de Fenosa do Barco aparecen 5 positivos, sen embargo, neste centro barquense neste momento só teñen coñecemento de catro casos, comunicados a través da plataforma Educovid, tal e como se confirma dende a súa dirección.

Tamén entra no listado de positivos o IES Lauro Olmo do Barco, con 1 positivo; mentres o CEIP Julio Gurriarán do Barco segue con 1 positivo, trátase dun “alumno que se contaxiou durante as vacacións, e cando saíu positivo, xa non se incorporou ás clases, despois da Semana Santa, polo que Sanidade non aplicou ningún tipo de medida”, indican dende o colexio.

En total na provincia de ourense son 18 os casos activos de Covid en centros educativos, seguindo os datos do listado emitido este sábado pola Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button