SanidadeÚltima hora

Os centros educativos valdeorreses teñen 13 positivos de Covid e os da comarca de Quiroga 23

 

Seguen en aumento os positivos de coronavirus nos centros educativos de Valdeorras. Segundo o listado emitido pola Xunta de Galicia neste 30 de xaneiro son un total de 13 os casos activos, 2 máis que onte. Así no caso do Barco entra no listado o CEIP Julio Gurriarán con 1 positivo, mentres que o IES Martaguisela segue con 2 positivos, o Colexio Divina Pastora con 2 positivos e o IES Lauro Olmo con 3 positivos.

Na Rúa tamén se incorpora ao listado o CEIP Manuel Respino con 1 positivo e cunha aula pechada. O IES Cosme López continúa con 2 positivos e o Colexio Pablo VI da Rúa con 1 positivo.

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo.

No caso de Trives a gardería continúa con outro positivo e o IES Xermán Ancochea con 1 positivo.

No conxunto da provincia de Ourense o listado recolle un total de 396 positivos, 21 aulas pechadas e 2 centros pechados.

23 positivos nos centros da comarca de Quiroga

Na veciña comarca de Quiroga tamén suben, aínda que lixeiramente, os casos. O IES Quiroga ten 6 positivos, o CEIP de Quiroga chega a 14 positivos (1 máis que onte) e segue cunha aula pechada, ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil segue con 2 positivos. Tamén se mantén 1 positivo no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button