ConcellosÚltima hora

Os centros escolares de Valdeorras suman un total de 6 positivos por Covid-19

 

Estabilidade no número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca de Valdeorras, cun total de 6. Así o Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa mantén un positivo, o mesmo número que o CEIP Otero Pedrayo de Viloira, mentres que tanto o IES Martaguisela como o IES Lauro Olmo do Barco manteñen 2 positivos cada un.

Ata aquí son os mesmos números que os rexistrados onte pero na xornada de hoxe, xoves 26 de novembro, desaparece por fin da lista feita pública pola Xunta de Galicia a Escola Infantil Los Juglares do Barco, que tiña 1 positivo. Tal como explican dende o propio centro, o alumno xa tiña a alta dende o 13 de novembro pero “un fallo administrativo impediu que tiveramos ese dato ata onte”, aseguran.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close