DeportesÚltima hora

Os ciclistas do Tres Lunas Valdeorras seguen colleitando trofeos

Constantino Arias Arias (máster 60) recollerá un dos premios da Gala do Ciclismo Galego'19

Tito Arias, corredor do Tres Lunas Valdeorras. /Foto cedida.

 

Os corredores do Tres Lunas Valdeorras seguen dando alegrías ao club ciclista. Hai uns días, o xefe de filas Brandan Márquez subía o terceiro caixón do podio na Transgalaica 2020 de Cotobade e o vindeiro 29 de febreiro, Constantino Arias Arias, máis coñecido como Tito Arias, recollerá un dos premios que a FGC entregará na Gala do Ciclismo Galego’19 que se celebrará en Pontevedra.

Tito ten 62 anos e é natural de Sotillo aínda que actualmente está afincado en Quereño (Rubiá), facendo da Serra da Enciña da Lastra o seu particular ximnasio para os adestramentos sobre a bicicleta, e recollerá o premio pola medalla de bronce conseguida o ano pasado no campionato de España máster 60A Cross Country Ultramaratón en Calamocha (Teruel).

 

Artigos relacionados

Back to top button