ConcellosÚltima horaVídeos

Os clásicos do Rally Turístico do Incio fan parada en Castro Caldelas

 

Rolls-Royce, Porsche, Mercedes-Benz, Alfa Romeo, Aston Martin, Bugatti, BMW, Ferrari, Jaguar, Maserati, Ford, Lamborghini, Bentley Motors, Audi,…Son os clásicos do Rallie do Incio que chegados dende diferentes puntos da península facían parada en Castro Caldelas, un dos pobos máis bonitos de España.

Así, durante a xornada deste xoves 2 de setembro estiveron expostos para desfrute de veciños e visitantes mentres os seus propietarios coñecían o Castelo de Castro Caldelas, o casco histórico, o Miradoiro de As Penas de Matacás, a viticultura heróica, a adega Ponte da Boga e a área recreativa de Ponte das Táboas degustando os produtos caldelaos: empanada, carne de vacún, bica manteigada e como non, viño da D.O Ribeira Sacra.

 

 

 

Fotos e vídeos: Concello de Castro Caldelas

Artigos relacionados

Back to top button