DeportesFútbolÚltima hora

Os clubs Atlético Vilariño e o CENTED Academy firman un acordo de apoio ás iniciativas deportivas do Concello de Pereiro de Aguiar

A actividade deportiva relizarase no Campo de O Medo en Vilariño

O Club CENTED Academy (de nova creación) e o Club Atlético Vilariño firman un acordo mediante o cal ambas entidades comprométense a múltiples aspectos entre os que destacan a promoción do deporte basee e do fútbol en particular, e o apoio a iniciativas culturais e deportivas na parroquia do Concello de Pereiro de Aguiar.

 

Durante a firma.

 

Outro dos puntos importantes que recolle o documento, é que o Club CENTED Academy realizará toda a súa actividade deportiva de fútbol no Campo de O Medo en Vilariño, que verá melloradas as súas instalacións a tal fin.

 

 

Tras reunións entre a directiva do Club CENTED Academy coa alcaldía de Pereiro de Aguiar e chegado a convenio co Club Atlético Vilariño, despéxase a incógnita sobre localización deportiva do novo club. Desde a entidade agradecen “ao Concello e moi particularmente ao Club Atlético Vilariño e cada un dos seus directivos, o esforzo por chegar a un acordo do que se beneficiará tamén toda a parroquia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button