EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os colleiteiros do Ribeiro poderán exportar o seu viño máis fácil grazas a un convenio cunha empresa de embalaxe

Brais Iglesias e Óscar López.

Os colleiteiros do Ribeiro poderán exportar o seu produto máis facilmente grazas a un novo convenio que asinaron hoxe, 3 de marzo, coa empresa provedora de cartón de embalar Smurfitkappa. Devandito convenio foi asinado na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO).

O presidente da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, Brais Iglesias, comentou que actualmente só están exportando a metade dos asociados, 20 adegas, a case 3o países e o seu obxectivo é que este convenio lles facilite a exportación a todas as adegas asociadas. Iglesias explicou que o principal problema que se atopan á hora de exportar é “a regulación aduaneira, xa que para vender 1.000 botellas hai que facer moitos trámites, e a un adegueiro que produce 30.000 botellas non lle compensa”. É por iso que asinaron este convenio con Smurfitkappa a nivel colectivo.

Óscar López, responsable de zona da empresa, asegurou que “nós cumprimos os estándares de calidade, seguridade alimentaria e xestión integral do produto e cremos que estamos preparados para ofrecer as solucións máis innovadoras para dar a mellor oferta nos custos loxísticos”.

É dicir, os adegueiros do Ribeiro empaquetarán as súas exportacións con esta empresa que lles garantiza que non van ter ningún problema nas aduanas.

O convenio permitirá a todos os adegueiros exportar o viño sen probelmas de xestión aduaneira.

 

Artigos relacionados

Back to top button