EconomíaEconomíaÚltima hora

Os comerciantes e hostaleiros, protagonistas da campaña de Nadal de AEVA e do CCA

Entre as propastas incluídas este ano figuran o sorteo de 600 euros en vales de compra e unha carroza con Papa Noel,

 

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, lanzan a campaña do Nadal “Agasalla Valdeorras”.

Neste 2020, marcado pola pandemia Covid-19, “empresarios e comerciantes queren transmitir unha mensaxe de unión, forza e esperanza. Ademais, a intención de ambas as asociacións é conseguir que os clientes aposten polos produtos de comercios e negocios de proximidade para facer as compras do Nadal”, indican os empresarios.

Co fin de promocionar esta campaña, as entidades promotoras elaboraron cartelería coa colaboración de asociados voluntarios que prestaron a súa imaxe para a mesma, co obxectivo de transmitir unha imaxe próxima.

 

 

A campaña do Nadal “ Agasalla Valdeorras” contempla as seguintes accións:

– Un sorteo de 600€ en vales de compra, seis vales de 100€ cada un, e de cinco estoxos de viño da D.O. Valdeorras, doados polo Consello Regulador. Para participar no sorteo, os clientes deberán poñer os seus datos (nome e teléfono) no tícket de compra, que depositarán nunha urna nos establecementos participantes. A promoción estará vixente desde o día 5 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021.

– Unha carroza de Nadal percorrerá as rúas do Barco o mércores, 23 de decembro, pola tarde. Na carroza viaxarán un Papá Noel, saudando aos máis pequenos, e un DJ encargado de animar coa súa música o espazo comercial e de lecer.

– Os establecementos participantes decorarán os seus negocios con botellas de viño iluminadas con luces, árbores de Nadal e estrelas realizadas con cortizas; que se repartiron en campañas anteriores.

– Para facilitar as compras do Nadal, os comercios participantes na campaña abrirán as súas portas os sábados 19 e 26 de decembro, e 2 de xaneiro, en horario de tarde.

 

Artigos relacionados

Back to top button