OurenseÚltima hora

Os comerciantes ourensáns analizan a situación de crise do sector

Veñen de celebrar unha xuntanza para abordar as dificultades e para plantexar un paquete de accións e medidas a levar a cabo como modo de chamar a atención das administracións públicas
Imaxe da reunión dos comerciantes ourensáns.

A directiva da Federación de Comercio de Ourense, que preside Beatriz Gómez, vén de manter unha xuntanza con membros e responsables doutros colectivos de comerciantes da cidade e da provincia co fin de abrir un debate sobre os problemas que acucian ao sector nestes momentos e que comprometen a viabilidade de boa parte dos negocios.

No decurso da xuntanza, os comerciantes puxeron o foco na venda online, na desregularización do período de rebaixas, nas cargas impositivas ás que están sometidos, na suba de cotas aos autónomos, nos problemas xerados pola venda ambulante sen regulación ou na carestía dos alugueres que fan que “cada vez sexa máis complicado para os pequenos establecementos comerciantes abrir a porta cada mañá”, en palabras  de Beatriz Gómez. “É máis, ao paso ao que imos, moitos negocios están irremisiblemente abocados ao peche”, engadía.

Ademais da análise pormenorizada da situación e das dificultades do sector, na reunión tratáronse un paquete de accións e medidas a levar a cabo como modo de chamar a atención das administracións públicas “para que tomen conciencia da díficil coxuntura pola que está atravesando un sector que é o que xera o maior número de postos de traballo en toda a provincia”, destaca a presidenta da federación provincial de Comercio.

Artigos relacionados

Back to top button