EconomíaEconomíaÚltima hora

Os comerciantes transformarán Expourense nun centro comercial de oportunidades

A Mostra de Oportunidades será do 3 ao 5 de marzo no recinto de exposicións e o obxectivo é liquidar os restos dos “stocks”
Imaxe da pasada edición da Mostra de Oportunidades.

A Mostra de Oportunidades chega a súa vixésimo cuarta edición. Milleiros de artigos aos mellores prezos encheran o recinto de Expourense, entre o venres 3 e o domingo 5 de marzo. Este gran centro comercial servirá para poñer punto e final ao período de rebaixas da tempada. Dende a organización aseguran que esta Mostra contribúe a dinamizar as vendas es captar novos clientes fóra da súa área de influenza habitual e tamén axuda a impulsar o comercio “un dos principais motores económicos e sociais da provincia de Ourense”.

Expourense, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, porá en marcha unha acción especial que promoverá a participación agrupada das empresas. Dende o recinto ferial ourensán agardan que de novo a Mostra da Oportunidade, “feira decana destas características en Galicia”, conte coa participación dos Centros Comerciais da provincia “que ven nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stoks e para dinamizar as rebaixas de inverno”. Os establecementos asociados que pechen a súa participación nesta cita contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decoración, alimentación, etc.) a prezos vantaxosos para os visitantes que recibe a Mostra da Oportunidade.

O público que acuda á Mostra terá a opción de, nunha mesma visita, con comodidade e sen apenas desprazarse, elixir entre moitas propostas de produtos a prezos especiais e, ademais, atopar artigos que non sempre están presentes nas canles habituais de venda. Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá até as nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días da feira.

Artigos relacionados

Back to top button