EconomíaEconomíaÚltima hora

Os comercios do Barco e da Rúa lanzan a campaña “Venres Negro”

Esta iniciativa, na que se ofrecerán descontos en produtos de tempada, terá lugar o 27 de novembro

Un dos establecementos participantes na campaña./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os establecementos comerciais do Barco e da Rúa ultiman os preparativos da campaña de dinamización “Venres Negro”, que se celebrará o vindeiro 27 de novembro, o derradeiro venres deste emes. A iniciativa está promovida conxuntamente pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e polo Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco.

Así, durante a xornada do 27 de novembro os 30 comercios participantes do Barco e A Rúa ofrecerán aos seus clientes descontos en produtos de tempada co obxectivo de animar as vendas para a Campaña de Nadal.

Este 2020, os comerciantes ampliarán o seu horario de apertura ata as 21:30 horas; permitindo que un maior número de clientes poida gozar da campaña.

Os comercios participantes do Barco son: Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can-Can, Casabella, Crash, D´Chus, Electrodomésticos Ganu, Estética Pamen, Foot on Mars, Garoba, Hache, Librería Murciego, Joyería Víctor, Koki, Mercería Carmiña, Mercería Katy, Mhussk, Miranda X, Nº 37, Palpie Zapatería, Pizpireta, Ton y Son, Top Queens, Volaverunt,  Zapatería Moral, Taller de Borda2 e Mercería Raquel.

Os establecementos da Rúa que se suman a esta campaña son Fíos, Mercería Raquel e Perfumería Compostela.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close