CulturaCulturaÚltima hora

Os “Cómicos da Legua” de Viravolta Títeres tamén recalan na Rúa

Chegarán á praza do Concello mañá, sábado 26 de outubro ás 13:30h.

Cómicos da Legua en Monforte.

O 2 de outubro en Monforte de Lemos; o 5  en Silleda; o 19 en Lalín; o 23 en Rodeiro e Cea; e o 26 en Valdeorras, ás 12 en Vilamartín e ás 13:30h. na Rúa.

Ata a praza do Concello rues se desprazará mañá sábado Viravolta Títeres para presentar a pé de rúa, o  espectáculo Cómicos da Legua. Trátase dun evento dirixido ao público familiar, enmarcado no programa da Xunta “O teu xacobeo”, que achega as formas tradicionais da arte escénica popular europea que viaxaron a través das peregrinaxes, desde a Idade Media ata a actualidade. Un cóctel de bonecos, música e actores para un espectáculo ambulante que convirte prazas e rúas en “corral de comedias” e teatros.

A través de personaxes como o cego e o lazarillo; ou o músico e a titiriteira, en breves episodios dramáticos convídase o público a gozar cos personaxes do universo da picaresca e da literatura do cordel.

Artigos relacionados

Back to top button