EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Os “compadres” fanse donos de Sober

Coincidindo coa celebración do Xoves de Compadres, multitude bonecos recreando situacións ou escenas de marcado carácter satírico toman a praza de Sober. É unha das primeiras manifestacións do Entroido nesta localidade lucense.

Ademais, mañá día 6 de febreiro a partir das 17:30 horas, terá lugar unha nova edición das Merendas con contos no Entroido. Tamén se desenvolverá un obradoiro de comadres no que os participantes farán bonecos e máscaras utilizando materiais de reciclaxe. Será na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button