Galerías de fotosPolítica

Os concelleiros do PP do Barco piden explicacións sobre unha factura das Festas do Cristo

Os concelleiros do PP no Barco convocaban aos medios de comunicación na tarde do 6 de marzo para anunciar que hai unha factura das pasadas Festas do Cristo da localidade sobre “xestión, cobro de atraccións e feirantes”, por importe de 847 euros, na que consideran que hai irregularidades.

Sinalaban tamén que na sesión plenaria do pasado 1 de marzo presentaron unha pregunta para pedirlle explicacións sobre este tema á concelleira de Cultura, pero a súa resposta non lles convencía. “Deunos tres respostas diferentes. Alguén ten que render contas por esta situación tanto a nivel político, como a nivel xudicial se procede”, dicían os concelleiros Enrique Pérez Roca, Arsenio Moldes Gómez, Carlos Javier Crespo Díaz e Sabina Aguado García.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button