EconomíaEconomíaÚltima hora

Os concellos da Gudiña, Riós, Vilariño de Conso e A Mezquita reclaman o recoñecemento como reserva da biosfera

Así llo transladou o alcalde da Gudiña á conselleira de Medio Ambiente nunha reunión celebrada hoxe

 

Durante a reunión.

 

O alcalde da Gudiña, José María Lago, transladoulle hoxe á conselleira de Medio Ambiente o desexo do recoñecemento como reserva da biosfera aos concellos da Gudiña, Riós, Vilariño de Conso e A Mezquita. Así, segundo a conselleira, analizarán a posibilidade de impulsar esta nova candidatura ante a Unesco.

Así, en setembro os alcaldes dos catro concellos reuniranse coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, para analizar en detalle a proposta. José María Lago trasladoulle á conselleira “a importancia deste proxecto para os catro municipios e considerou fundamental poder contar coa experiencia, o apoio e o asesoramento da Consellería desde o primeiro momento”.

 

Artigos relacionados

Back to top button