ConcellosÚltima hora

Os concellos da Ribeira Sacra reúnense con Cultura para concertar os pasos a dar cara a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO

A reunión tivo lugar nesta mañá de 23 de xullo na Cidade da Cultura de Galicia

 

Durante a reunión.

 

Os alcaldes e representantes municipais dos concellos da Ribeira Sacra, reuníronse hoxe, 23 de xullo, cunha representación da Consellería de Cultura e Turismo, encabezada polo titular da mesma, Román Rodríguez. A reunión tivo lugar na Cidade de Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, para abordar os avances para acadar a inclusión da Paisaxe cultural da Ribeira Sacra na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO no 2021.

Román Rodríguez destacou o empeño do equipo técnico da candidatura e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de “dar os pasos axeitados para lograr a declaración deste ben como Patrimonio Mundial”. Así, está previsto concretar medidas de conservación do valor universal da contorna, así como de difusión dos seus valores dentro e fóra da zona.

 

Durante a reunión.

 

O titular de Cultura afirmou que “se trata dun traballo imprescindible para ter éxito perante a UNESCO”. Ademais, explicou que a Fundación Juana de Vega está a traballar no seu desenvolvemento e que se conta con telo dispoñible no derradeiro trimestre deste ano.

Artigos relacionados

Back to top button