ConcellosÚltima hora

Os Concellos da Rúa e Petín informan de posibles cortes no sinal da TDT provocados polas redes do 4G

Para resolver estas perturbacións pódese solicitar, sen custo algún, a instalación dun filtro na antena

 

Na mañá deste mércores 24 de marzo, os Concellos da Rúa e Petín emitian sendas notas a través das redes sociais, informando de posibles incidencias na recepción do sinal da TDT (Televisión Dixital Terrestre), a causa das redes do 4G das operadoras de telefonía móbil.

Tal como indican dende ámbolos dous Concellos, para resolver estas perturbacións na cobertura da telvisión, “pódese solicitar sen que supoña custo algún, a instalación dun filtro na antena (que solucioa as inciden cias nun 90% a nos ser que a causa sexa outra) chamando ao teléfono gratuíto: 900 833 999”.

Artigos relacionados

Back to top button