ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrives

Os concellos de Manzaneda, Trives e Río, libres de coronavirus

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tal e como se vén de confirmar dende os concellos que forman parte da Área do PAC de Trives (San Xoán de Río, Manzaneda e Trives) esta zona que, polo de agora, libre de coronavirus. Nesta mañá o Concello de Manzaneda, que era onde quedaba un caso activo, emitía un comunicado indicando que “dende o día de hoxe voltamos a estar sen casos de Covid no noso municipio. Alegramos que a persoa afectada tivese unha pronta recuperación, atopandose en perfecto estado de saúde”.

Ademais, o Concello de Manzaneda, agradecía “á veciñanza o bo comportamento ata o de agora mostrado, polo que instamos a seguir coas medidas recomendadas por Sanidade que tan bo resultado nos levan dando. E unha moi boa noticia comunicar a data de hoxe, que todos os Concellos da comarca de Trives conta con 0 casos activos”.

Artigos relacionados

Back to top button