ConcellosÚltima hora

Os concellos de Ourense e Ponferrada establecen como obxectivo común a A-76

O alcalde da capital, Jesús Vázquez, reuníuse coa alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo, para “estreitar lazos” entre ambas as dúas cidades
20161212_111009
A alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández (centro), foi recibida no Salón de Plenos polos representantes dos grupos municipais.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibíu esta mañá no Concello á alcaldesa da cidade leonesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo, co princpal obxectivo de “estreitar lazos entre dúas cidades moi próximas con problemáticas moi parecidas como o envellecemento ou a fixación de poboación”, declarou o rexedor ourensán. Entre os temas que se trataron nesa reunión de traballo está o da futura estrada A-76, que unirá ambos núcleos urbanos. Jesús Vázquez destacou que este é “un obxectivo común que temos que facer sabendo que non é fácil”. Pola súa banda, a alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández, foi optimista e sinalou que “esperamos que na próxima xuntanza que manteñamos co Ministerio de Fomento saia a licitación da construción dos primeiros tramos”.

Esta autovía percorrerá os municipios das comarcas de Ourense, Valdeorras, Quiroga e O Bierzo. Un total de 125,3 quilómetros que se dividen, por un lado, no tramo que transcorre por Ourense, que ten unha lonxitude de 8,35 kilómetros, e por outra banda o leonés, que terá un percorrido de 7,6 kilómetros, segundo fontes do Ministerio de Fomento. En canto ao custo da infraestrutura, o ministerrio prevé unha inversión de 1.222,6 millóns de euros.

Pero este noi foi o único tema tratado nesa xuntanza. Ambos os dous alcaldes puxeron sobre a mesa materias como o turismo, o comercio e o sector empresarial. Gloria Fernández dixo que o obxectivo destes encontros é para que “as relacións sexan máis fluídas” entre ambas institucións municipais. A rexedora ponferradina destacou que esas relacións bilaterais estableceranse entre “as cámaras de comercio, empresarios, sindicatos e os traballadores”. Fernández concluíu a súa intervención coa seguinte frase: “nós dicimos que O Bierzo é a porta de entrada a Galicia para os casteláns e a porta de entrada a Castilla para os galegos, e queremos seguir sendo ese nexo de unión, polo que esta será a primeira de moitas reunións”.

Polo momento, está previsto que o alcalde de Ourense vaia próximamente a Ponferrada para continuar traballadndo e “artellando solucións a problemas similares”, destacou Vázquez.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button