ConcellosÚltima hora

Os concellos de “Ourense Norte Reacciona” reúnense en Vilariño de Conso

Este proxecto agrupa a 16 municipios que traballan xuntos para acceder ao financiamento dos fondos europeos de recuperación

Publicidade
Representantes dos concellos de “Ourense Norte Reacciona” asistentes ao encontro en Vilariño de Conso.

 

A partir das 12h. deste mércores tiña lugar en Vilariño de Conso unha reunión dos concellos que forman parte do proxecto “Ourense Norte Reacciona”, cuxo obxectivo principal é poder acceder aos fondos europeos de recuperación económica NextGeneration para concellos de menos de 5.000 habitantes.

Ao encontro acudían os alcaldes ou representantes dos concellos que forman parte da iniciativa. Trátase dun total de 16 concellos: San Xoán de Río, Viana do Bolo, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil, A Teixeira, Montederramo, Manzaneda, Vilariño de Conso, Larouco, Petín, A Rúa, O Bolo, A Veiga, Esgos, Nogueira de Ramuín e Chandrexa de Queixa.

Este proxecto colaboratativo, que xa lograba acceder a primeiros deste ano a unha liña de axudas, botaba andar tras unha primeira reunión celebrada a finais de setembro do 2021 no Concello de San Xoán de Río, na que se acordaba agruparse para comezar a buscar financiamento europeo, contando co asesoramento da consultora Auxers, especializada en financiamento público. A ela chegábase a través dun veciño de Castiñeiro (Río), Juan Carlos Pérez. Logo, en novembro tiña lugar unha nova xuntanza no Concello de Manzaneda, e agora esta terceira en Vilariño de Conso.

En breve ampliarase información.

 

Artigos relacionados

Back to top button