EconomíaEconomíaÚltima hora

Os Concellos de Ourense poderán solicitar as axudas fronte a catástrofes naturais

O Real Decreto contempla os danos na provincia provocados polas borrascas Daniel, Elsa e Fabien entre os días 16 e 22 de decembro de 2019

Retirando unha árbore na N-120 no termo municipal de Vilamartín. / Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Delegación do Goberno anima aos concellos galegos das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra a acollerse ás axudas por 226 millóns de euros fronte a catástrofes naturais. O novo Real Decreto amplía as coberturas a estas tres provincias, afectadas polas borrascas Daniel, Elsa e Fabien entre os días 16 e 22 de decembro de 2019. Tamén contempla os danos causados pola borrasca Cecilia nos días 22 e 23 de novembro na Coruña e Pontevedra.

Segundo o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, está previsto que se realicen obras de reparación e restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal, ademais da rede viaria das diputacións. Estes proxectos poderán recibir unha subvención de ata o 50% do seu custo. Anteriormente, o decreto xa incluía os danos na provincia de Ourense derivados por fortes chuvias e sarabia o mes de xullo de 2019.

 

Artigos relacionados

Back to top button