En portadaÚltima hora

Os Concellos de Río, Manzaneda e Trives lanzan a campaña “Mata ó virus, lava as mans!”

 

Nova ofensiva contra o coronavirus na comarca das Terras de Trives. Os tres concellos da Área Sanitaria do P.A.C. de Trives (Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río) veñen de poñer en marcha unha campaña co lema “Mata ó virus, lava as mans!”.

Cunha mensaxe “clara e directa queremos incidir nas medidas de hixiene persoal como principal medida de prevención do virus. Lembra, o chegar a casa, o primeiro é lavarse as mans”, aseguran dende estes tres concellos.

No marco desta campaña comezaron a pegarse hoxe nos contenedores dos tres municipios pegatinas con ese lema.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button