SanidadeÚltima hora

Os Concellos de Rubiá e do Barco, entre os edificios públicos que se tinguirán de azul polo Día da Enfermería

Exterior do Concello de Rubiá iluminado de azul o pasado ano polo Día da Enfermería./ Foto cedida.

 

Con motivo da celebración do Día Internacional da Enfermería o vindeiro 12 de maio, son varios os gobernos municipais e administracións públicas que se unirán á homenaxe ás enfermeiras, que “coa súa gran profesionalidade e impecable traballo coidan cada día da sociedade ourensá”, tal e como vén de anunciar a Organización Colexial de Enfermería de Ourense.

E farano tinguindo de azul o exterior das súas fachadas “en honra á profesión enfermeira ao longo desta semana”. Entre eles estarán a Casa do Concello de Rubiá e a do Barco, na noite do 12 ao 13 de maio, ademais do Club Naútico do concello de Castrelo de Miño, da Casa do Concello de Cortegada, da Casa do Concello de Pereiro de Aguiar, da Casa do Concello de Xinzo de Limia e do Pazo Provincial de Ourense (Deputación de Ourense).

Ademais, na noite do 11 ao 12 de maio tinguirase de azul a Ponte Romana da cidade (Concello de Ourense) e o edificio da Subdelegación do Goberno da cidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button