ConcellosÚltima hora

Os concellos galegos estarán alerta “para detectar movementos non permitidos” na ponte e na Semana Santa

Así o vén de sinlar o presidente da Fegamp nun comunicado, emitido tras a reunión do CECOR celebrada esta mañá

 

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Os concellos galegos estarán alerta para detectar movementos non permitidos de persoas, tanto de carácter interno como incumprimentos de turistas procedentes de fóra da nosa Comunidade Autónoma”. Así o comprometeu o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, na reunión do CECOR celebrada hoxe para coordinar o plan de seguridade cara á ponte de San Xosé e as vacacións de Semana Santa.

Ademais de intensificar os controis do plan de seguridade na hostalaría, “as Forzas e Corpos de Seguridade reforzarán a detección de turistas mediante a identificación de persoas e abrirán un procedemento sancionador en caso de que a persoa ou persoas non poidan xustificar adecuadamente a súa presenza nun lugar no que de ordinario non estarían autorizados”, tal e como se indica dende a Fegamp.

Así mesmo, a Fegamp impulsará a coordinación entre as distintas administracións instando unha maior participación dos concellos nos CECOR provinciais e recomendando a interlocución directa con outras FFCCSSEE para advertir da detección de movementos. Unha vez máis, o municipalismo fai un chamamento á responsabilidade de toda a cidadanía para evitar un retroceso na contención da pandemia.

Artigos relacionados

Back to top button