EconomíaEconomíaÚltima hora

Os concesionarios ourensáns reciben un premio pola súa labor solidaria

O premio, a nivel nacional, veulle dado por destinar a Cáritas unha porcentaxe das vendas rexistradas durante o último Salón do Vehículo novo e usado
O galardón foi recibido por Gerardo Aragonés e Santiago Garza.

A Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) recibiu onte en Madrid o premio “Automóvil Social”, dotado con 4.000 euros, que concede Faconauto, a organización que agrupa ás asociacións de concesionarios oficiais das marcas automobilísticas, vehículos industriais e maquinaria agrícola presentes no mercado español.

Acauto optaba a este galardón pola súa acción solidaria levada a cabo durante a última edición do Salón de Vehículos Novos e Usados que tivo lugar en Expourense entre os días 18 e 20 de novembro para os novos e 25 e 27 do mesmo mes para os usados. A iniciativa consistiu en destinar 15 euros a fines sociais por cada vehículo que se vendese durante o certame. A altruísta decisión permitiu recadar 5.610 euros, que foron entregados a Cáritas Diocesana de Ourense o 21 de decembro.

Asómesmo, dentro do mesmo certame, Acato sufragou o custo dos adhesivos e das “follas de ruta” (plano do vehículo que facilitaría o traballo dos bombeiros no caso de ser necesaria unha excarceración), que a ONG Stop Accidentes repartiu a todos os visitantes do mesmo. Ademais, Acauto cedeu gratuitamente senllos stands aos organizadores asistencionais para que puidesen explicara súa labor aos máis de 15.000 visitante que pasaron por Expourense durante o Salón.

O premio foi recollido por Gerardo Aragonés e Santiago Garza, vicepresidente e tesoureiro de Acauto, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button