OurenseÚltima hora

Os concursos de decoración de Nadal no concello de Ourense reparten 12.000 euros

En total presentáronse 116 candidaturas, 52 ao de vivendas e 64 ao de escaparates, para optar a algúns dos premios

 

Na mañá deste luns 11 de xaneiro, entregábanse os diplomas ás propostas gañadoras dos concursos de decoración de Nadal, promovidos polo Concello de Ourense e organizados por Ecourense e Viaqua, para incentivar a participación de vivendas particulares e de locais comerciais no ambiente festivo na cidade. O acto contou coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e dos responsables das empresas organizadoras dos concursos, Javier David por Ecourense e Ana Tejeiro por Viaqua.

Segundo os datos facilitados dende o Concello, presentáronse 116 candidaturas (52 ao de vivendas e 64 ao de escaparates) para optar a algúns dos premios ata un total de 12.000 euros, que foron repartidos da seguinte maneira:

Concurso de decoración de vivendas:

  • Primeiro premio (1.500 euros) para o número 82 da rúa da Granxa.
  • Segundo premio (500 euros) para o número 4 do paseo do Tinteiro.
  • Dous terceiros premios (ventás e/ou balcóns, 500 euros) para 3-6B da rúa Faustino Míguez e 23-3G da avenida de Bos Aires.
  • Dous terceiros premios (vivendas unifamiliares, 500 euros) para o número 35 da rúa Julia Minguillón e para o número 52 da Urbanización Pazo de Ramirás.

Concurso de decoración de locais comerciais, en interior ou en exterior:

  • Primeiro premio (3.000 euros) para a Farmacia Martínez de Paz Vázquez.
  • 5 segundos premios (1.000 euros cada un) para: Lecer Manualidades, Solaina, Mon Petit Salón, Cafetería JP e Arte 3.

 

Artigos relacionados

Back to top button