CulturaCulturaÚltima hora

Os contos de Avelino González, o 17 de xullo no Xardín da Casa Grande de Viloira

Este actor e contador vigués completará o cartel de narradores orais do “VII De Perto” no Barco
O contador Avelino González./ Fonte da foto: https://avelinogonzalez.gal/es/blog/

 

Cada día pode estar cheo de historias. Contadas, escoitadas, lidas e mesmo vividas. Esas historias do acontecer diario, algunhas divertidas e outras fantásticas, son as que lle gustan ao actor e contador Avelino González. Na tarde do vindeiro mércores 17 de xullo compartíraas co público valdeorrés no marco do sétimo ciclo “De Perto”, que organiza a Concellería de Cultura do Barco. Será ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande Viloira (O Barco).

Con esta actuación complétase o amplo e variado apartado de narración oral desta edición do ciclo, que concluirá o venres 19 de xullo ás 22:30h. na praza do Castelo do Castro coa música do brasileiro Fred Martins.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close