ConcellosÚltima hora

Os contos do camerunés Boniface Ofogo, o 21 de xuño no Barco

Compartirá as súas historias no marco do sétimo ciclo De Perto ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande de Viloira
Boniface Ofogo nunha actuación./ Fonte: http://boniofogo.com.

Os contos son unha ferramenta imprescindible para a aprendizaxe humana. Así o cre Boniface Ofogo quen, décadas atrás, deixaba a súa aldea no interior de Camerún para percorrer o mundo, de continente a continente, relatando historias, boa parte das cales falan desas lonxanas terras africanas, a milleiros de quilómetros de Galicia.

No seu devir como narrador oral, Ofogo recalará o vindeiro 21 de xuño no Barco no marco do VII De Perto. Con este contador camerunés o ciclo “De Perto” abandona momentaneamente a música para adentrarse no universo da oralidade, das historias, das lendas. Así que tradición oral, contos enchoupados de valores e tamén certos toques de humor son a vindeira proposta de “De Perto”. A cita será o vindeiro venres ás 20:30h. nos Xardíns da Casa Grande de Viloira.

Artigos relacionados

Back to top button