DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os corredores, protagonistas dunha multitudinaria San Martiño 2019

 

Homes e mulleres, xoves e maiores, políticos, xornalistas, carpinteiros, masaxistas, amas de casa,… Da cidade de Ourense, de Valdeorras, da Coruña, de Xinzo, de Celanova, de Vigo,… Os miles de corredores (en torno aos 3.000 na carreira absoluta) que na mañá do 17 de novembro percorreron as rúas da cidade, foron os auténticos protagonistas da XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño 2019.

A intermitente chuvia amezaba con deslucir esta 43 edición da cita atlética de referencia de toda a provincia, pero non o logrou. É certo que a participación diminuíu con respecto á pasada edición e boa parte dos 10.000 inscritos non chegou a participar, pero aínda así, unha colorista marea humana tomaba a saída na carreira absoluta dende a ponte do Milenio. E despois dos 10.000 metros, na cabeza da carreira o ourensán Alejandro Fernández proclamábase pentacampión en casa, seguido por Iván Roade e Fernando Rial. Das mulleres Joselyn Brea era a máis rápida, seguida por Ester Navarrete e Marta Casanova.

 

 

E mentres os últimos adultos chegaban á meta, comezaban a súa propia competición os máis de 5.000 cativos inscritos nas carreiras escolar, infantil e inclusiva.

A cidade viviu así unha nova xornada de festa deportiva, que reuniu a amigos, colegas e familias enteiras en torno ao atletismo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/alejo-ares-adas-proinor-5o-nunha-san-martino-dominada-polo-ourensan-alejandro-fernandez/

Artigos relacionados

Back to top button