CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os creadores galegos e a emigración

A sala de exposicións de Afundación en Ourense recolle unha mostra que afonda nesta temática e que reúne a nomes de referencia como Castelao, Laxeiro ou Seoane

 

“A fronteira infinda” constitúe “un selecto conxunto de obras mestras dos artistas galegos máis recoñecidos que forman parte dos nosos fondos”, en palabras do director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet. Pronunciábaas no acto inaugural desta mostra, que tiña lugar na mañá do 10 de marzo na sala de exposicións de Afundación en Ourense.

A exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro 12 de xuño, reúne 45 obras de nomes de referencia na plástica galega como Castelao, Mallo, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane ou Laxeiro, xunto a outros máis actuais como Leopoldo Novoa, Tino Grandío o Luis Caruncho.

Trátase, segundo resaltaba Escotet, dunha “acertada selección de artistas e obras polas que quero trasladar a miña noraboa ao noso comisario Carlos Bernárdez, logrou que os cadros escollidos nos conten a historia da pintura galega do século XX dende a perspectiva exterior, un enfoque diferente e innovador que ata o momento non se tiña plantexado en ningún proxecto”.

No decurso da inauguración interviña asemade o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen agradecía tamén o labor do comisario da mostra e resaltaba a importancia desta iniciativa xa que “non podemos entender a cultura contemporánea de Galicia sen entender a figura da emigración, sen entender todo o bo que agromou de Galicia na emigración”.

Neste acto participaban asimesmo a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o comisario da exposición, Carlos L. Bernández, así como o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra; e a responsable de exposicións de Afundación en Ourense, Beatriz Fernández Anguiano, entre outras autoridades.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close