ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os cristiáns vencen no combate ante os mouros no campo da Saínza

O acto central da Romaría da Saínza celebrábase no mediodía do 23 de setembro no concello de Rairiz de Veiga

Despois de dous días de celebración, con actividades para todas as idades e moita música, a Romaría da Saínza chegaba, no mediodía do 23 de setembro, ao acto central. Segundo a documentación existente, a representación teatral da loita entre mouros e cristiáns no campo da Saínza data de 1855. O “Ataque” institúese como parte inseparable das celebracións relixiosas e século e medio máis tarde, constitúe o eixe central da romaría, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que este ano cumpre 175 anos.

Trala procesión dende a igrexa de Rairiz de Veiga ata o Castelo da Saínza e a tradicional misa no campo de batalla, os mouros rouban un dos pendóns da Virxe da Mercé. Ante esta ofensa e trala conversa entre os capitáns cristián e árabe, comezará a batalla na que interveñen a cabalaría e a infantaría con moitos artificios pirotécnicos. A batalla conclúe co rendemento das tropas musulmás, que devolven o pendón roubado á Virxe, e a liberación dos cristiáns. Un acto seguido por numeroso público.

A festa continuaba con música e máis actividades como a xuntanza de pandillas e unha particular batalla de viño, para facer fronte ao calor.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button