En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os Cuchufellos dan paso a Doctor Queen na Beltane de Manzaneda

A banda tributo a Queen actúa hoxe a partires das 22:30h. na estación de montaña, despois de Placeres Solitarios

A potente actuación do grupo local Cuchufellos, no marco da súa xira de 25 aniversario, daba o pistoletazo de saída á II edición da Beltane, o festival celta que se celebra esta fin de semana na Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.

Tralo concerto dos Cuchufellos a xornada de hoxe arrancaba pola mañá, coa apertura do mercadiño, estando previstas outras actividades como unha exhibición de drons e o inicio do torneo Beltane Summer Cup-FIFA 16 que contará entre outros premios, cunha Play Station PS4 para o gañador. Xa pola tarde haberá unha exhibición de danza con aves a cargo de Lía Corax ata chegar á hora dos concretos.

Os valdeorreses Placeres Solitarios serán os teloneiros do grupo estrela do festival: Doctor Queen, no que será o único concerto gratuíto da banda na súa xira por Galicia. Para moitos, trátase da mellor banda tributo do mundo, conxugando “un incrible parecido físico coa banda orixinal, cunha impresionante posta en escena onde as voces e o vestiario recrean de forma precisa á mítica banda de Freddie Mercury, Queen”, explican dende Oca Nova Manzaneda. A noite pecharase musicalmente cunha nova sesión de DJ’s a cargo de Danzalia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button