En portadaÚltima hora

Os Cuchufellos despídense dos escenarios na Rebusca 2016

O festival de música alternativa celebra esta fin de semana o décimo aniversario, en Manzaneda
Os Cuchufellos de Manzaneda na anterior edición da Rebusca. /Foto: Mónica G. Bellver.
Os Cuchufellos de Manzaneda na anterior edición da Rebusca. /Foto: Mónica G. Bellver.

A edición 2016 da Rebusca prevista para esta fin de semana en Manzaneda, será moi especial, cunha dobre celebración. Por unha banda o décimo aniversario do festival alternativo e, por outra, o vinte aniversario dos Cuchufellos.

A numerosa banda, orixinaria de Manzaneda leva dúas décadas actuando dentro e fóra de Galicia, protagonizando un directo explosivo con ritmos electrizantes e pezas cargadas de enerxía, que este ano decidía despedirse dos escenarios. E que mellor lugar para facelo que na casa, no espazo ao que sempre estivo vencellado. Por iso a eles estará adicada a primeira xornada do festival, o venres día 18 de novembro no Toural a partires das dez e media da noite, rodeados polos “grupos amigos que sempre xiraron ao noso redor” din dende a banda. Aí estarán Zurrumalla (22:30-23:45h.); Cuchufellos (00:10-01:25h.); Tres Trebóns (01:50-03:05h.); La Tarrancha (03:30-04:45h.); e Djs  (05-07h.).

A festa continuará ao día seguinte, sábado 19 de novembro no local da Asociación Cultural A Rebusca a partires das seis da tarde, coa sesión infantil de Chuches Amil e a actuación de Labregos do tempo dos Sputniks. Xa pola noite, a partires das dez e media e de novo na nave do Toural, comezarán os concertos de Poetarras (22:30-23:45h.); Freak Fandango (00:10-01:25h.); Ruxe Ruxe (01:50-03:05h.); La Trocamba Matanusca (03:30-04:45h.); e Brigada Am (05-07h.).

Como en edicións anteriores habilitarase unha zona de campismo no pavillón e a entrada poderá mercarse unicamente na taquilla, podendo escoller entre dúas opcións: para un único día por 7 euros ou para os dous días por 10 euros.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Cartaz da Rebusca 2016.
Cartaz da Rebusca 2016.

Artigos relacionados

Back to top button